A súa historia .....                      

Antonio estuda vibráfono de jazz e improvisación en NYC con Mike Mainieri e Mark Sherman; tamén participa en seminarios con Ed Saindon e Tony Miceli (USA), Frits Landesbergen (NL) e Anthony Keer (UK).

Realiza o Máster en Interpretación e Composición de Jazz na Universidade Internacional de La Rioja e obtén o "Jazz Composition and Arranging Professional Certificate" na Berklee School of Music. Na actualidade amplía coñocementos de composición de jazz con Bob Pilkington (Berklee Jazz Composition Departament).

Comparte escenario con personalidades do jazz como Michael P. Mossman, Paco Charlín, Chris Kase, Richi Ferrer, Vistel Brothers, Brian Trainor, Pedro Iturralde, Virxilio Da Silva, Alberto Vilas, Vicent Macián, Juanma Barroso...   

Graduado en Percusión Clásica polo Conservatorio Superior de Música da Coruña, reside en Ámsterdam onde realiza estudos de timbal sinfónico con Nick Woud (Royal Concertgebouw Orchestra). Como percusionista  colabora coa Real Filharmonía de Galicia, Orquestra de Cámara Municipal da Coruña, Orquestra Sinfónica de Galicia e participa en concertos xunto con membros da Orquestra e Coro de RTVE.

En 1992 obtén por oposición, a plaza de percusionista da Banda Municipal de Música da Coruña, ocupando actualmente o posto de intérprete de timbais. Actúa como solista de timbais e marimba e estrea por primeira vez en Galicia, en concerto celebrado no Pazo da Ópera da Coruña, o Concerto para Marimba e Banda de Alfred Reed. Entre as suas gravacións cabe destacar a gran acollida de crítica e público do seu último proxecto discográfico para vibráfono solista "Samhain".

 

 

"Antonio Agra é un artista integral, tan inquieto pola súa permanente formación instrumentísitica como apaxionado degustador de todo tipo de músicas". Juan Durán, compositor, académico, Premio de composición Reina Sofía.

 

 

""Samhain" delicioso cd de vibráfono de mi timbal  Antonio Agra. Me encanta que mis músicos además de ser fantásticos profesionales "de atril" desarrollen proyectos individuales, y es que el talento hay que potenciarlo!". Andrés Valero-Castells, director e compositor.

Antonio Agra artista oficial K&K Sound