-
0:00/3:40
antonio agra 5tet presenta: samhain
Xosé Miguélez, Saxo
antonio bravo, guitarra
risto vuolanne, contrabaixo
ROBERTO BAO, batería
antonio agra, vibráfono
Samhain ou Samaín, é a festividade de orixe celta que poñía fin a tempada de colleitas e era considerada como o "Ano Novo Celta". Os Celtas celebraban esta festa con ritos no que os sacerdotes druidas comunicabanse cos espíritus dos ancestros que chegaban nesas datas para visitar os seus antigos fogares.
O meu traballo discográfico Samhain para vibráfono solista, é debedor de todos aqueles que fixeron posible que o que foi un desexo -ser músico-, se puidese materializar. Velaquí un dos porqués do título: Samhain como alusión aos que nos precederon, a todo o que ficou atrás pero que constrúe o noso presente.
Samhain nace como un agasallo para os ouvidos e para as emocións en forma de nove pezas para vibráfono solista, son nove "xoíñas" escollidas do meu ideario estético que teñen o sabor da boa música vestidas cos sedutores e íntimos sons do vibráfono, pezas fronteirizas entre un impresionismo sempre latente e ese regusto do jazz de sempre, que é frescura e intensidade constante.
Nesta nova proposta de Samhain para cuarteto de jazz, os sedutores sons do vibráfono de Antonio Agra rodéanse dunha fantástica banda de músicos excepcionais e de influencias moi diversas, conformando un repertorio de músicas que abranguen o jazz moderno, o blues ou a fusión. A riqueza armónica e melódica de Antonio Bravo, todo un referente da guitarra de jazz, mestúrase de forma xenial coa sensibilidade do estilo sobrio e sólido, enriquecido por un manexo maxistral do arco, do contrabaixista Finlandés Risto Vuolanne, mentras trás os tambores emerxe a sabedoría do batería Roberto Bao, dono dese talento especial que aporta a sinal de individualidade e de identificación que distingue aos verdadeiros percusionistas.
XOSÉ MIGUÉLEZ, SAXO
"Xose Miguélez está considerado como un dos músicos de jazz máis destacados de Galicia”.
O seu proxecto máis recente, "Contradictio", segundo disco como lider publicado por "Origin records" en formación de cuarteto con Jean-Michel Pilc, piano, Marcos Cavaleiro, batería e Carlos Barretto, contrabaixo, ven de ser premiado cos premios "Martín Codax" da música galega.
Acadou un master en jazz na "Guildhall School of Music & Drama" de Londres e una licenciatura en jazz na "Esmae" de Porto. Complementou a súa educación musical estudando con Chris Cheek, Ethan Iverson, Matt Otto e Jean Toussaint entre outros.
Imparte aulas de música tradicional galega e dirixe a Orquesta de jazz do "Conservatorio Profesional de Música de Ourense".
É artista das marcas "Forestone - Japan" e "Jody-jazz Usa"
ANTONIO BRAVO, GUITARRA
Guitarrista cunha longa traxectoria no mundo do jazz, ten actuado con solistas internacionais como María Joao, Jorge Pardo, Carlo Actis, Jean Palandre, Mark Pichelín, así como nos festivais de jazz de San Sebastián, Getxo, Ibiza, Madrid, Mexico DF, Belgrado, Munich, Colonia, Río de Janeiro, Manchester, Berlín, Luxemburgo, Bourdeaux, Oslo, Viena, etc.
Realizou estudos de guitarra clásica, guitarra de jazz, armonía, arranxos, composición e improvisación e asistíu a clases con David Liebman, Barry Harris, Jerry Bergonzi, Chuck Israels, Mike Richmond, Ronan Guilfoyle, Bruce Forman ou Peter Kowald.
Gravou seis discos cos grupos do contarbaixista Baldo Martínez sendo seleccionado un de eles como o mellor disco de jazz do ano 2008 pola revista Cuadernos del Jazz. O primeiro disco do dúo Brigada Bravo&Díaz foi seleccionado por Cuadernos del Jazz como 2º mellor disco do ano e os Top 10 pola revista japonesa Jazz Tokio.
Nos últimos anos residiu en Berlín onde colaborou con grupos e solistas como Elo Maslig, Daigo Nakai, Hannes Dunker ou Periphery Trío, ademais de impartir clases nas escolas de jazz en Berlín e Ratheo.
ROBERTO BAO, BATERÍA
Cursa os seus estudos de percusión no Centro Superior de Música do País Vasco (Musikene) finalizando no 2011. Perfecciona a súa formación na Academia de Estudios Orquestales Baremboin-Said (Sevilla), completa a súa formación cós títulos de Máster en Interpretación e Investigación Musical pola Universidad Internacional de Valencia e o Máster en Gestión Cultural pola Universitat Oberta de Catalunya-Universitat de Girona.
Músico formado principalmente na percusión clásica e contemporánea, explora outros estilos de música como o jazz e o folk, recibindo clases de batería de Guillermo McGuill, Miguel Queixas e Lar Legido. Dende o ano 2019 asiste a clases de combo de batería e vibráfono con Paco Charlín no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra.
Formou parte de diversas formacións como a Orquesta Joven da Sinfónica de Galicia, a National Youth Orchestra of the Netherlands ou a European Union Youth Wind Orchestra e colaborou con Vertixe Sonora, a Orquesta Sinfónica de Galicia, a Orquesta Sinfónica de Bilbao ou a Real Filharmonia de Galicia. Na actualidade, forma parte da Banda Municipal de A coruña.