-
0:00/3:40
Sente a túa paixón
rompe os límites
fai da arte un xeito de vida!
percusión, a miña forma de ver a vida....
Dende o punto de vista técnico e estilístico, a percusión demanda requisitos moi diversos de estudo e práctica.
Ser vibrafonista de jazz, participar en concertos sinfónicos como percusionista clásico, tocar a batería en grupos de música moderna ou actuar como intérprete de timbais dentro dunha banda sinfónica, son obxectivos aparentemente inconexos pero aos que tiven que enfrontarme ao longo da miña vida como músico profesional.
Detrás está o meu gusto por todo tipo de música, o meu recoñecemento para cada unha delas, e o máis importante, o meu concepto artístico como intérprete por facer música dende unha ollada universal, unha música que está por riba de determinadas barreiras históricas, estéticas ou sociais. Unha música en definitiva, onde a través do rico e variado son dos instrumentos de percusión podan converxer as máis diversas culturas.
Antonio Agra artista oficial K&K Sound